cabecera

el centroQue ben senta atopar o teu lugar e poder compartilo con aqueles que máis queres. Abella chega a Lugo para darcho todo. Olor a café nun día de choiva, unha tarde de risas e compras cos teus amigos, unha inesquecible noite de película... Din que o lugar dun é aquel no que lle esperan. Todas as persoas que formamos parte deste proxecto, desexamos coñecerte, gustarte e encherte de bos momentos.

En Abella, o novo centro comercial de Lugo, contamos cunha superficie de 35.000 metros cadrados e un aparcadoiro gratuíto e cuberto con capacidade para acoller máis de 2.000 vehículos e todo porque nos gustaría converternos nun dos teus lugares predilectos.

Queremos estar preto dos lucenses, por iso estamos situados a pouca distancia do centro da cidade e con accesos rápidos e cómodos, tanto se vés en coche coma en transporte público (liñas 4 e 5).

Ademais, en Abella ofrecémosche xeniais propostas de lecer para todas as idades, como a pista de karts Kartiland, os cinemas multisala Ciproga, a boleira Pleno, o pub-concerto La Fundación, o salón de xogos Pause&Play e os ximnasios McFit.

Tamén podes degustar os pratos máis gustosos no restaurante italiano Giuliani's, as cervexarías Cien Montaditos e La Sureña, Pans&Company, a pulpería Vilalúa, a pizzería Pizzbur, e o Newroz Kebap.

E en canto á moda, varias marcas ofrécenche estar á última, teñas os gustos que teñas. Benetton, Fifty Factory, Shana, Double Agent, Brandley London, Chicco, Jocker e Footlife espérante.

Chega a Lugo un novo concepto de restauración, lecer e moda. Abella, o novo centro comercial de Lugo, xa está aquí.