cabecera

Benetton

Planta baixa

982 256 633

www.benetton.com

A tenda Benetton é unha coñecida marca de moda e complementos que agora podemos atopar no Centro Comercial Abella de Lugo, onde ofrece aos seus clientes roupa para mulleres, homes e nenos. O seu estilo, recoñecido en todo o mundo, mestura bo gusto e elementos de deseño co auténtico espírito italiano.

Benetton, coñecida polo seu internacional slogan 'United Colors of Benetton', é unha marca de moda que foi fundada no ano 1965 pola familia Benetton. En 1955, o maior dos irmáns deuse conta de que a xente quería cores na súa vida e especialmente na súa roupa. Así deu comezo á comercialización local dunha liña de xerseis que tería moi boa acollida, conseguindo ser hoxe en día un gran referente en moda e en filosofía de venda en todo o mundo. As pezas de Benetton teñen como principal característica a combinación da cor e a enerxía. A marca ofrece, ademais de moda, complementos e accesorios moi reconocibles coma lentes, maletas e perfumes.

A marca Benetton destaca pola súa liña de roupa 'casual' coma pantalóns vaqueiros, saias, chaquetas e camisetas. As súas cores e os seus deseños son perfectamente reconocibles en moitos países.

A tenda Benetton, no Centro Comercial Abella, ofrece todos os artigos das últimas coleccións da coñecida marca de moda, caracterizada polo seu deseño e calidade para toda a familia.