cabecera

Burger King

Planta semisótano

672 700 495

www.burgerking.es

Burger King é un restaurante de comida rápida que cociña hamburguesas e está situado no Centro Comercial Abella de Lugo.

Burger King foi fundado no ano 1954 e hoxe é unha das grandes cadeas de comida rápida do mundo, con máis de 50 anos de experiencia na cociña de hamburguesas á grella.

Á hamburguesa Whopper, a máis famosa da cadea Burger King, hai que sumarlle unha ampla variedade de hamburguesas combinadas cos mellores ingredientes: tomate, leituga, cebola, queixo, cogombros en vinagre, bacon e outros ingredientes especiais.

Podes combinar as hamburguesas con patacas fritas e un refresco, tendo en conta que hai unha gran variedade de menús e diferentes tamaños.

O segredo das hamburguesas de Burger King, do Centro Comercial Abella, está no seu sabor á grella, a carne de vacún e o uso dos ingredientes máis frescos.

Burger King ofréceche unha ampla gama de sabores para que todos os fans da carne de hamburguesa poidan gozar das mellores hamburguesas de Lugo.

En Burger King do Centro Comercial Abella, podes almorzar, comer, merendar e cear cos teus amigos ou familiares, un bo plan para calquera momento do día.

Os nosos cociñeiros fan o mellor traballo na cociña, elaborando as hamburguesas coas mellores ferramentas.

O prezo de Burger King é barato e alcanzable para todo o mundo. Ademais, sempre hai ofertas e descontos especiais nos teus menús e hamburguesas.