cabecera

Chicco

Planta baixa

982 256 566

www.chicco.es

Chicco é unha tenda de moda e complementos infantís que se atopa situada no Centro Comercial Abella de Lugo.

En Chicco, o cliente poderá atopar todos os produtos relacionados co bebé e os nenos: cocheciños, xoguetes, roupa e calzado. Ademais, en Chicco pode mercar os produtos para as futuras nais, dende a lactación, a hixiene, as comidas, o paseo e o durmir, ata solucións innovadoras para a seguridade dos nenos no coche. Na tenda Chicco do Centro Comercial Abella, o cliente poderá adquirir tamén produtos Prenatal, produtos para bebés e nenos, e todo o necesario para as nais dende o primeiro día.

Chicco conseguiu situarse como unha das firmas referentes en moda e produtos adicados ao coidado, non só dos máis cativos, senón tamén das súas nais, sendo líder no coidado infantil a nivel mundial con máis de 50 anos de experiencia.

O seu obxectivo é facer felices aos nenos, axudando ás nais e pais no percorrido do crecemento dos seus fillos. Ofrecen solucións seguras, pensadas unicamente para responder ás diferentes esixencias dos cativos dende o seu nacemento, porque para eles a felicidade é unha viaxe que se inicia dende neno.

Apoiándose na colaboración do Observatorio Chicco, o centro de investigación adicado aos cativos e ás súas necesidades psicomotoras, emotivas e sociais, Chicco alcanzou nos últimos anos un alto nivel de especialización e segue propoñendo solucións innovadoras estudadas ao máis mínimo detalle para acompañar aos nenos no seu crecemento. Por iso, Chicco está onde hai un neno.

Chicco e Prenatal, no Centro Comercial Abella de Lugo, ofrecen aos seus clientes os mellores produtos de calidade tanto para o coidado dos nenos como todo o necesario para os pais desde o nacemento do seu fillo.