cabecera

Fontfarma

Planta baixa

982 256 634

FontFarma é un establecemento moderno e moi completo de perfumaría e parafarmacia situado no Centro Comercial Abella de Lugo.

En FontFarma, os clientes poden atopar as últimas novidades e tendencias en produtos de perfumaría e parafarmacia coa mellor calidade. Os nosos empregados están á súa disposición para axudarlle e asesorarlle en todo o necesario á hora de mercar produtos de perfumaría ou parafarmacia. Non dubide en consultarlles e expresarlles as súas dúbidas cando visite o noso establecemento.

FontFarma pon a disposición dos seus clientes produtos de parafarmacia e aqueles relacionados coa saúde, a beleza e o benestar. Poderán atopar produtos de cosmética e beleza coma maquillaxes, cremas para diferentes idades, tratamentos ou fotoprotectores. En FontFarma, tamén están dispoñibles produtos de dietética e nutrición e alimentos especializados. Para nenos e bebés, poderá atopar dende leites infantís e papas ata tetinas, biberóns, cueiros, chupetes e preparados antipiollos.

Na sección de perfumaría, o cliente pode adquirir as últimas novidades en perfumes e maquillaxes das mellores marcas do mercado así como as mellores promocións e ofertas.

A atención ao cliente en FontFarma, situado no Centro Comercial Abella de Lugo, é moi boa xa que ofrece un trato persoalizado, o que posibilita que os clientes acudan a FontFarma ante as súas necesidades de perfumaría e parafarmacia. En FontFarma tentan ofrecer a todos os clientes os mellores prezos adecuados á calidade e á marca dos produtos.