cabecera

McFIT

Planta baixa

982 203 407

www.mcfit.com

McFit é unha cadea de ximnasios que poden atopar no Centro Comercial Abella de Lugo. Con máis de 240 ximnasios en toda Europa e máis dun millón de asociados, a cadea McFit, de orixe alemá, situouse coma número un dentro do seu sector. O usuario pode gozar das instalacións e actividades do ximnasio McFit a un prezo moi alcanzable, 23'90 euros ao mes.

O ximnasio McFit, no Centro Comercial Abella, permanece aberto os 365 días do ano, de luns a venres dende as 6:00am ata as 23:00 horas, sabados, domingos e festivo dende as 8:00am ata as 21:00 horas, o que permite aos seus clientes unha ampla oferta de actividades que poderán gozar cun horario adaptado aos diferentes ritmos de vida de todos os usuarios.

O concepto de McFit baséase na oferta de adestramento con pesas e adestramento de resistencia, exercicios de elongación e asesoramento nutricional.

No ximnasio McFit do Centro Comercial Abella de Lugo, os clientes teñen a posibilidade de facer un adestramento de resistencia con cintas de correr, elípticas, steppers e máquinas de remo. Tamén están dispoñibles para os clientes as actividades coa modalidade Cybertraining, onde un adestrador virtual con ampla experiencia motivaralle e mostraralle os fundamentos deste adestramento profesional. Ademais, acompañaralle durante as diferentes sesións de spinning, yogates, bodyshape ou body fight, entre outros.

No ximnasio McFit do Centro Comercial Abella de Lugo, os clientes poderán atopar unha ampla gama de actividades e horarios coa finalidade de que todos os usuarios poidan realizar as súas actividades físicas deportivas preferidas e manter o seu corpo tonificado de forma saudable.